Temporada 2005 / 2006 :: Noticias :: 31 do Outubro do 2006



FEDERACIONS II CONGRESO IBERICO XESTORES DO DEPORTE


Estimados amigos:

(Tríptico, Ponentes)





Dende a Dirección Xeral para o Deporte - Fundación Deporte Galego queremos convidarvos a participar no II CONGRESO IBERICO DE XESTORES DO DEPORTE, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16, 17 e 18 de novembro do 2006. Por primeira vez Galicia contará co escenario idóneo para profundizar naqueles aspectos que deben ser a base do crecemento do deporte no noso país. O obxectivo do congreso é profundizar no FUTURO DA XESTIÓN DEPORTIVA : CRECENDO DENDE A BASE, Da profesionalización do sector deportivo, para garantir a formación e  participación adecuada de toda a sociedade.

O congreso tratará temas tan fundamentais como a regulación e ordenación profesional no deporte, a acreditación e homologación dos espazos deportivos e o deporte como un elemento educativo fundamental.

Considerando que o congreso será unha ferramenta moi útil no traballo diario das Federacións, no seu papel de xestoras, promotoras e dinamizadoras do deporte na nosa comunidade, queremos convidarvos a participar neste II CONGRESO.Para ese motivo a organización do congreso dará as Federacións o tratamento de colaboradoras, beneficiándose do desconto existente a tales efectos (cota reducida ata o 8 de novembro).

Axuntámosvos o tríptico do programa oficial  do congreso e o cadro de relatores. Rogamos o difundan entre os seus clubes.

Esperando contar coa vosa presencia en Santiago despedímonos cun cordial saúdo;

                    

FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO


.