O Concello de Tordesilla invitou a Federación Galega de Rugby para que a Selección Galega xogue un partido contra o equipo de división de Honra do CIC Valladolid, en homenaxe ao xogador internacional José Ángel Hermosilla.
Ver convocados
O partido servirá de preparación para a Selección Galega, cara ao Campionato de Seleccións Territoriais, que xógase contra Valencia en Vigo o día 23 de Setembro e contra Euskadi o día 29 de Setembro . As finais xóganse o día 16 de Decembro.
A preparación complétasese coas concentración do día 1 de Setembro e o día 8 de Setembro.
Doutra banda o CIC de Valladolid probará a suas novas incorporacións, o antigo xogador Alberto Reiriz, o arxentino Tomás Lanfranconi, do Cisneros Anibal Fernando e os surafricanos Christopher Venter e John Bown.