Os Druidas. Por: José Ramón Insua Trava

A primeira das festas célticas era chamada Imbolc. Celebrabase o primeiro de febreiro e estaba consagrada a deusa Brig ou Brigantia.

O cristianismo converteona en Brígida respetando a data da sua festividade. Anuncia a chegada da primavera e do leite das ovellas. É ante todo a festa da purificación.

A segunda festa dos celtas era a chamada Beltaine, Bealltain ou Cetshmain, denominacións que conteñen o nome do vello deus Beli ou Bil. Tiña lugar o primeiro de maio. Esta festa era a do lume e dos druídas. Facíanse rituais máxicos para conquerir a fertilidade dos campos e crecemento do gando. Os rebaños pasaban entre o fogo que os protexía das epidemias. Para acendelo, empregabase unha plancha de carballo na que se facía un furado. A terceira era Lughnasad (1 de agosto).Era unha festa de esencia agrícola na que se regulaban cuestións políticas, matrimonios temporais ou definitivos, oír poetas e músicos, etc. Era o día de Lugh que honraba as súas mulleres. Nas e Bui e tamén a súa nai Tailtiu morta o primeiro de agosto .


 

Había probas deportivas, loitas a espada, carreiras de carros e xogabase a xadrez. Duraban un mes.

A cuarta festa (1 do novembro) era a derradeira. Chamabase Samain e marcaba o ano novo dos celtas e o comenzo do inverno. Samain era a máis sobranceira de todas. Tiña lugar durante a noite. Todos estaban invitados, se lembraba os defuntos e bebiase moita cervexa. No Samain estaba vedado acender lume e levar armas.